Beautiful Day

«Beautiful Day»
sinxelo de U2
do álbum All That You Can't Leave Behind
Lanzamento 9 de outubro do 2000
Formato CD, casete, 12"
Gravada
Xénero musical rock
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 4:06
Discográfica Island, Interscope
Produtor(es) Daniel Lanois e Brian Eno, con produción adicional de Steve Lillywhite
Escritor(es)
Cronoloxía
«"Sweetest Thing «Beautiful Day» «"Stuck in a Moment You Can't Get Out Of
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Beautiful Day" é unha canción da banda de rock irlandesa U2. É o primeiro curte do seu álbum do ano 2000 All That You Can't Leave Behind, e foi publicado como principal sinxelo do disco o 9 de outubro do 2000. Foi un éxito comercial, axudando a que o álbum chegase a ser disco multi-platino, e trátase dun dos maiores hits da banda ata a data. Ao igual que outros temas de All That You Can't Leave Behind, "Beautiful Day" lembra ao son da banda de anos atrás.

A canción recibiu boas críticas, e converteuse no seu cuarto sinxelo número 1 no Reino Unido e o primeiro nos Países Baixos. O tema acadou o posto 21 nos Estados Unidos, o posto máis alto da banda nese país dende "Discothèque", editado en 1997. No ano 2001 a canción gañou tres premios Grammy: canción do ano, gravación do ano, e mellor interpretación de rock por un dúo ou grupo con voces.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy